chessfaros.blogspot.com.es

chessfaros.blogspot.com.es

sábado, 28 de septiembre de 2013

Iván Salgado



Nado en Ourense no 1991, empezou a destacar no mundo do xadrez desde idades moi temperás, obtendo o título de Gran Mestre aos 16 anos no ano 2008.

Ademais, gañou en diferentes ocasións o Campionato de España e chegou a nomearse subcampión mundial sub 18 no ano 2009.

Tamén acadou diferentes títulos de importante repercusión nacional destacando as vicorias no ano 2007 no Aberto de Pamplona, en 2008 no Ppen Internacionall cidade de San Sebastián, en 2009 no Festival Internacional Ruy López en Zafra, no 2010 o Aberto de Vecindario, o Magistral Cidade de Barcelona no 2011 e o Torneo Internacional Forni di Sopra no 2012 .

O seu último triunfo máis sobresaínte tivo lugar tamén no 2012, alzándose campión Iberoamericano en Quito.

É o actual campión de España.

Titulos por Equipos

Nos campionatos de España por Comunidades Autónomas representando a Galicia, no ano 2005 logrou en campionato coa selección galega sub-16, en 2006 e 2007 o subcampeonato de España coa selección galega absoluta.

Nos campionatos por clubs representando ao Club Marcote de Mondariz-Balneario, no ano 2005 e 2006 gañou o campionato galego por equipos, en 2009 o subcampeonato de España por equipos e en 2010 o campionato de España de división de honor por equipos.

Participou representando a España nas Olimpíadas de xadrez de 2010 en Janti-Mansisk,12 e no Campionato de Europa de xadrez por equipos en dúas ocasións, de 2009 en Novi Sad e de 2011 en Porto Carras.




No hay comentarios:

Publicar un comentario